top of page
Buscar

“Compañeiras” de Rosa de Cabanas.

Hoxe non podo sentir maior ledicia ao presentar esta serie tan especial dunha artista, á súa vez, tan especial e á que lle gardo tanto afecto: Rosa de Cabanas. A nosa relacion profesional ven dos inicios de Casal de Creación. Rememorando, non recordo como nos “atopamos” por estes eidos, pero coñecer a Rosa foi unha das mellores cousas que me aportou este traballo sen dúbida algunha.


Despois de “Mulleres Valentes” creada durante a pandemia, e a posterior “Mulleres Imaxinadas”, Rosa de Cabalas segue a traballar en series de mulleres que neste caso titulou “Compañeiras”. Nela, recóllense oficios tradicionais galegos femeneizados pondo en valor o que representou o esforzo destas mulleres para a nosa terra. Mais, por outra banda, celebrando a amizade e a sororidade en tempos complexos e nunha sociedade eminentemente patriarcal, onde as mulleres xogaron un papel esencial na Galiza, na inmigración do XIX, na guerra e na posguerra e na posterior emigración dos anos 60.


Entre tinta e augadas, Rosa traballa con superposicións en obras cargadas de pequenos detalles que todo o din: as mans das lavandeiras, as expresións universais, os acenos dos personaxes como comunicación…


Técnicamente, as impresións en calidade museo obra de Imprime Verde, garantiza a preservación das cores, o non amarelamento do papel ou a marabillosa reproducción da augada orixinal.


Orgullosas de contar sempre coa marabillosa e delicada obra de Rosa!

24 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

II Mercado de Nadal de Ilustración Enmarcada, 2023.

Por segundo ano faremos o mercadiño de Nadal de Ilustración Enmarcada cunha selecta escolma de ilustración diposlible no seu marco ou para enmarcar de numerosas artistas e ilustradoras galegas e amiga

Comments


bottom of page