top of page
Buscar

Quen colabora na elaboraciòn do meu marco? Que estou mercando?

  • Foto del escritor: VANESA IGLESIAS
    VANESA IGLESIAS
  • 8 ene 2023
  • 1 Min. de lectura

A nosoutras gústanos que sepades e coñezades que é aquelo que mercas. A onde vai o diñeiro que gastas na túa peza para protexer o que queres. Como repercute socialmente e na comunidade a túa elección de enmarcar con nosoutras. Eis, explicamos cales sen os nosos compañeiros e empresas amigas, sen cuxos profesionais nós non seriamos quen de realizar a este fermoso oficio.


Sempre tentamos traballar con xente do concello ou da bisbarra, por proximidade e poruqe entre todas xeramos unha economía circular que redunda directamente nas veciñas e veciños. Así, as peciñas a láser coma as letras dos scrabble son feitas por Rosa en Nudima de Madeira en Berres, A Estrada; o vidro é producido localmente en Vidro Moss, en Toedo, A Estrada; o MDF da traseira mercámolo en Moreira e Ramos de Compostela ; todas os elementos propios da  enmarcación a Molvi, Ourense; as pinturas Montana BCN no Mundo do Pintor, unha empresa asturiana con tenda en Compostela (grazas por todo, Pablo!); colas, puntas, bridas, siliconas… aos nosos amigos de Ferretería Vilela no Foxo, A Estrada; Copistaría Copistrada de Sindo e papelería Carlín, na Estrada; a impresión das túas fotos na Mueblería de Isa e Rubén en Marrozos, Compostela… e as nosas molduras nunha empresa familiar, Molduras Artesanas de Chema e Gonzalo, en Rafelbunyol, País Valenciá.


Traballamos conscientes de xerar tecido e redes na nosa comunidade, devolvendo aquelo que tanto nos dades. Quero dar as grazas a todas as persoas que nos axudan e tantas outras que me faltan por citar. E a todas aquelas que consumides local e mercades intelixentemente, axudando a desenvolver pequenos proxectos e axudando a centos de familias.


Avante!

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Mercadiño de Nadal 2025

Este Nadal estades todas convidadas ao noso Mercadiño de Nadal de Ilustración Enmarcada con todos os deseños da web e moito máis. Tamén teremos ilustración e unha parede de descontos cun montón de pec

 
 
 

Comentarios


  • Grey Facebook Icon
  • Grey Instagram Icon
bottom of page