top of page

“Compañeiras” é un proxecto de Rosa de Cabanas, ilustradora e deseñadora gráfica de A Estrada, Pontevedra.

Consiste nunha serie de ilustracións de grupos de mulleres coa intención de amosar os lazos de compañeirismo e amizade que se crean entre elas, e tamén de recordar e reivindicar o papel e a presenza de mulleres en múltiples ámbitos da sociedade e ao longo da nosa historia.

Nos marcos deseñados exprofeso para cada peza pintamos a man os fillets adapatándoos ao deseño concreto da serie. Incluso podes ti mesma elexir a cor para os mesmos. A madeira é ayous crú con traseira de MDF con arame para colgar. O vidro transparente de 2mm (opción en vidro museo se así se desexa, preguntar polo orzamento). Enmarcados en calidade conservación para a mellor preservación da túa peza ou pezas, copias en papel Fine Art Glicée_ de 240x320mm sobre papel _Creative Textured_ de 320gr.

Deseño en colaboración coa propia artista. Cada cadro faise baixo pedido polo que os tempos poden variar segundo o stock de ilustracións.

Tamaño total do cadro: 32 x 40 cms. aprox.

Serie Compañeiras de Rosa de Cabanas

75,00 €Precio
  • Evita sempre a luz directa do sol no cadro e obra, pois é o peor dos inimigos para a preservación das obras. Para a súa limpeza utiliza unha balleta para o pó na madeira e unha balleta de microfibra para limpar o cristal. Se se golpea levemente ou se mancha por rozaduras, sobre da madeira crúa poder delicadamente lixala cunha lixa de madeira de grao moi, moi fino.

bottom of page