“Decide, quen fixo ao home diferente de seu irmán? Quen deu maior nobreza ao corazón dun déspota tirano que ao honrado suor do artesán?
Estas verbas foron pronunciadas por Pondal o 2 de marzo do 1856 no brindis do Banquete de Conxo ao que aquí facemos o noso persoal e modesto tributo. Xuntanza revolucionaria e considerada de subversiva no seu momento, de caracter interclasista onde os estudantes de Compostela - considerados de clase alta - serviron vestidos con frac a comida a traballadores, obreiros, artesáns e veciñas da zona. A celebración estuvo rodeada por militares e foi Aurelio Aguirre, poeta compostelá o principal impulsor desta iniciativa fermosa e revolucionaria que fixo tremer aos burgueses e privilexiados e onde tamén participou Pondal ou Manuel Murguía entre outros intelectuais e figuras do Rexurdimento. Inclusive se di que a propia Rosalía de Castro andaba por alí.
No ano 2019 o concello de Compostela ergueu un fermoso mosaico que recrea a celebración do Banquete de Conxo. De aí xordeu a nosa inspiración para esta pequena homenaxe en forma de cadro.
Cortamos a man madeira de chopo en forma de teselas emulando o mosaico coas que conformamos diferentes conxuntos facendo unha relectura do acontecemento. Así, poboan os cadros tipos populares galegos: os labregos e as labregas, os mariñeiros e redeiras, tamén mineiros e traballadores, o propio Pondal… e outras teselas do propio mosaico gravadas a láser onde aparecen as viandas e os estudantes. As teselas de madeira foron pintadas e tinguidas a man e noutras fixemos transferencia de imaxes ás mesmas. Non hai ningún cadro igual al outro, cada un é único. No marco de madeira de ayous crú gravamos a láser o nome da celebración.
Viva a fraternidade, viva a igualdade, viva a xustiza social!
Deseño 1 30x 23 cms. 50€
Deseño 2 30 x23 cms.50€
Deseño 3 26 x 22 cms. 43€
Deseño 4 26 x 22 cms. 43€
Deseño 5 23 x 19 cms. 40€
top of page
0,00 €Precio
bottom of page