Este cadriño feito e pintado a man leva o símbolo internacional antifascista de chapa de chopo tinguida a vermello e recortada a láser nun taller da contorna co que traballamos sempre. Logo, ao pé, o lema NON PASARÁN vai gravado tamén a láser en profundidade.
Pode ser pousado debido aos seus 4 cms. de profundidade ou tamén colgado grazas ao colgador de serreta do reverso. Está feito e pintado a man e é un deseño propio de Casal de Creación. No reverso está fechado con MDF e leva vidro transparente de 2mm.
CADRIÑO ANTIFASCISTA NON PASARÁN
23,00 €Precio