A nosoutras gústanos que sepades e coñezades que é aquelo que mercas. A onde vai o diñeiro que gastas na túa peza para protexer o que queres. Como repercute socialmente e na comunidade a túa elección de enmarcar con nosoutras. Eis, explicamos cales sen os nosos compañeiros e empresas amigas, sen cuxos profesionais nós non seriamos quen de realizar a este fermoso oficio.
Sempre tentamos traballar con xente do concello ou da bisbarra, por proximidade e poruqe entre todas xeramos unha economía circular que redunda directamente nas veciñas e veciños. Así, as peciñas a láser coma as letras dos scrabble son feitas por Rosa en Nudima de Madeira en Berres, A Estrada; o vidro é producido localmente en Vidro Moss, en Toedo, A Estrada; o MDF da traseira mercámolo en Moreira e Ramos de Compostela ; todas os elementos propios da enmarcación a Molvi, Ourense; as pinturas Montana BCN no Mundo do Pintor, unha empresa asturiana con tenda en Compostela (grazas por todo, Pablo!); colas, puntas, bridas, siliconas… aos nosos amigos de Ferretería Vilela no Foxo, A Estrada; Copistaría Copistrada de Sindo e papelería Carlín, na Estrada; a impresión das túas fotos na Mueblería de Isa e Rubén en Marrozos, Compostela… e as nosas molduras nunha empresa familiar, Molduras Artesanas de Chema e Gonzalo, en Rafelbunyol, País Valenciá.
Traballamos conscientes de xerar tecido e redes na nosa comunidade, devolvendo aquelo que tanto nos dades. Quero dar as grazas a todas as persoas que nos axudan e tantas outras que me faltan por citar. E a todas aquelas que consumides local e mercades intelixentemente, axudando a desenvolver pequenos proxectos e axudando a centos de familias.
Avante!
Comments