top of page
Buscar
Foto del escritorVANESA IGLESIAS

Cómo facemos os teus marcos Casal de Creación.

En Casal de Creación baseámonos básicamente en tres piares: enmarcación democrática para todas; enmarcación de calidade para que perdure no tempo; e o deseño, propio e desenvolto artesanalmente.


Tratamos de traballar e colaborar sempre con talleres, tendas e marcas locais polo que cando mercas unha peza nosa non só estás a alimentar este proxecto modesto, senón que estás a tecer unha rede asociativa coa túa inversión de moitos pequenos comerciantes e traballadoras. Cremos no traballo colaborativo e de proximidade para medrarmos todas xuntas neste complexo sistema industralizado onde a calidade e benestar das traballadores se deixou a un lado en favor do beneficio máximo. Así, entre os nosos provedores están Rosa e Pepe e os traballadores de Nudima de Madeira en Berres, a cooperativa Carlín de A Estrada en papelería, Molduras Molvi de Ourense e Maderas Artesanas de Valencia, Vidro Moss de A Estrada, Ferretería Vilela no Foxo, A Estrada ou o Mundo el Pintor, empresa asturiana con tenda en Compostela.


A calidade nivel Conservación que é a que desenvoltamos, garantiza a durabilidade no tempo do cadro e a preservación da obra a enmarcada con adhesivos de PH neutro e removibles, passepartout carente de ácidos ou a oferta de vidro Museo con protección UV fronte á luz solar.


Traballamos básicamente unha madeira: o ayous crú. Aínda que tamén contamos con perfís de mansonia crúa. As dúas madeiras son de orixe tropical provinte de África e que contan con certificados de xestión forestal responsable. O ayous é perfecto para a nosa enmarcación debido á súa lixeireza polo que non aporta apenas peso ao cadro remado e é tamén moi agradecido para traballar, pois facilita o proceso de encolado ou dos acabados a man. É de natureza moi branda polo que debemos ser coidadosas ao manipular as pezas.


Polo reverso pechámolo con MDF de 3 mm con colgadores metálicos de serreta ou cordón metálico en enganches tipo D- Ring. E descansando entre o passepartout da traseira da composición e o MDF, unha folla de cartón de enmarcación que funciona a modo de neutralizador da humidade en caso de existir.


Finalmente encintamos con cinta de papel engomado de enmarcación para evitar a entrada de pó no cadro e poñemos a pegatina de Casal de Creación onde se indica a data, o número de modelo correspondente á túa peza e o tipo de vidro que presenta.

117 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page